Xornada formativa para os rapaces do Club de Debate

Xornada formativa para os rapaces do Club de Debate
Antiguo Hospicio Ferrol Sesión formativa para alumnos del club de debate

Os alumnos da cidade ferrolá que tomarán parte na cuarta edición do Club de Debate –unha iniciativa na que están implicados nove municipios galegos– tomaron parte onte, durante toda a mañá, nunha sesión formativa celebrada nas instalacións do antigo Hospicio.
Así, os integrantes dos tres equipos que representarán á urbe naval na cita, dous de 4º ESO do colexio Compañía de María e un de 1º de Bacharelato do IES Leixa, recibiron información sobre o regulamento e dinámica da actividade na que van tomar parte, así como as habilidades comunicativas e mesmo algúns consellos básicos para a procura de información e a preparación da documentación que terán que realizar de cara a preparar as súas intervencións nos debates.
Precisamente estes días coñecerase o tema sobre o que xirará a fase zonal, prevista para o vindeiro 7 de marzo no teatro Jofre. Nela competirán nove equipos de Ferrol, Carballo e Negreira. O gañador acadará o billete para a fase final autonómica.
O Club de Debate ten por obxectivo fomentar o emprego da lingua galega entre a mocidade dun xeito “útil e afable”.

Xornada formativa para os rapaces do Club de Debate

Te puede interesar