Rutas, exhibicións e música na xuntanza moteira “Vila de Ares”

Rutas, exhibicións e música na xuntanza moteira “Vila de Ares”
A edición do encontro do pasado ano na vila aresana

As motos tomarán esta fin de semana a vila de Ares nunha nova edición, a sétima, da Xuntanza impulsada polo Club Moteiros da Terra Meiga do devandito municipio. Os organizadores agardan, como en anos anteriores, unha numerosa participación, con afeccionados ás dúas rodas procedentes non só da comarca, senón tamén doutros puntos de Galicia e mesmo doutras comunidades como Asturias.
O programa, que conta coa colaboración do Concello, dará comezo esta tarde, ás 20.00 horas, coa inauguración e a apertura de inscricións para a cena que terá lugar mañá pola noite e que ten un límite de 150 prazas.
Ás 22.30 horas a música será a protagonista co concerto dos grupos Kelpie, Zest e El mercado de Rosen.
Mañá
A actividade continuará mañá venres, cunha ruta mototurística pola comarca prevista para as 11.00 horas. Pola tarde, ás 18.00 horas, celebrarase unha exhibición acrobática a cargo de NH Pina e Jaque Stunt.
Trala cea, que dará comezo ás 22.00 horas baixo a carpa habilitada para tal fin, procederase á ruta das antorchas en memoria dos compañeiros falecidos. A xornada nocturna continuará coa entrega de trofeos –ás 00.30 horas–, unha festa coa disco móbil Mygon –01.00 horas–, u sorteo de agasallos –02.30 horas– e de novo festa con música. O almorzo do domingo poñerá o broche final a unha cita que tamén contará con inchables para nenos e postos de camisetas, entres outras cousas.
Este será o segundo ano no que a cita, que antes tiña lugar en xullo, desenvolverase no mes de setembro, un cambio que favoreceu aínda máis a participación na xuntanza. Por outra banda, a axenda de lecer prevista para mañá en diferentes puntos do municipio de Ares incluirá así mesmo unha churrascada no Casino Aresano –20.00 horas– e a actuación musical Trasnochadores del Eume no C.I.R. de Cervás –20.00 horas–. l

Rutas, exhibicións e música na xuntanza moteira “Vila de Ares”

Te puede interesar