Co mes de setembro volta un novo ciclo de Noites na Capela

Co mes de setembro volta un novo ciclo de Noites na Capela
o cantautor coruñés césar de centi, nun concerto

O ciclo de concertos Noites na Capela regresa unha nova temporada ao Centro Torrente Ballester mañá ás 21.00 horas. O artista encargado de abrilo é o cantautor coruñés César de Centi, que leva varios discos ás súas costas  e concertos xunto con nomes como Tontxu, Carlos Chaouen, etc. Entre Ismael Serrano e Antonio Vega, o coruñés está a preparar o seu novo disco. O prezo da entrada é de 3 euros.
O día 12 estará na capela do Torrente Ballester o ourensán Emilio Rúa que trae a Ferrol os temas do seu quinto traballo discográfico “Destino sur”. Destacado cantautor galego, ten colaborado con creadores como Uxía Senlle, Budiño ou Luís Tosar. Acadou destacados premios como o segundo posto, cantando en galego, na V Muestra Nacional de Canción de Autor. O prezo da entrada será de 4 euros.

do pop ao blues
Desde o pop ao blues pasando polo rock, eis o terreo onde se move o grupo Vodevil. Estará o día 19 deste mes na capela do Torrente dentro da xira “O Vodevil acústico”, na que o grupo interpreta os seus temas neste formato. Ademais dos seus temas clásicos, o conxunto interpretará pezas clásicas do rock e o pop español. O prezo da entrada será de tres euros.
Finalmente, o mes de setembro remata coa actuación do cantautor ferrolán Marcos Mella. O intérprete presenta no ciclo o seu último traballo discográfico, “La canción del bolsillo roto”, con influencias de músicos do pop español dos anos 80 como Antonio Vega ou Los Secretos. O prezo da entrada será de tres euros.
Para o mes de outubro Noites na Capela aínda non pechou os artistas participantes aínda que entre eles estarán nomes como os de Silvia Penide, Balakandra e Voadora Teatro, que presentará “Happy End”. n

Co mes de setembro volta un novo ciclo de Noites na Capela

Te puede interesar