A Feira do Cabalo volve facer de Moeche o centro do mundo equino

A Feira do Cabalo volve facer de Moeche o centro  do mundo equino
Feira do Cabalo de Moeche

Os amantes do mundo equino volvéronse citar unha vez máis na Feira do Cabalo de Moeche, un evento que organizou por segunda vez a Asociación Ecuestre 23 de Abril, coa colaboración do Concello de Moeche e da Deputación.
A zona de San Ramón recibiu a centos de visitantes procedentes de toda a comarca que gozaron dunha xornada onde non faltou a animación. Así, entre outras cousas e cita incluíu unha completa exposición e venda relacionada co mundo ecuestre, desde os propios cabalos a burros, eguas ou ponis ata cadeiras de montar e o relacionado con este mundo. Tampouco faltaron as actividades gastronómicas e venda de artesanía e a animación durante toda a xornada.
Como cada ano, as competicións foron un motivo de reclamo para asistir a San Ramón, cun total de 3.700 euros do seu presuposto destinados a galardóns. En xornadas de mañá e tarde celebráronse premios de andadura chapeada, aserrada e trotóns; trote, carros de rodas (de dúas e catro), así como as probas de estampa e beleza que recoñeceron á mellor egua de sela, cabalo de sela, poldro menor de tres anos e egua con cría dun ano. Unhas competicións nas que tomaron parte máis dun cento de xinetes e animais procedentes de toda Galicia e incluso de fóra, como Portugal, Castela e Asturias. n 

A Feira do Cabalo volve facer de Moeche o centro do mundo equino

Te puede interesar