Máis de 200.000 persoas pasaron polas mostras da Fundación Novacaixagalicia

Máis de 200.000 persoas pasaron polas mostras da Fundación Novacaixagalicia
unha das visitas guiadas á exposición de gonzález collado luis polo

Máis de 200.000 persoas visitaron as diferentes exposicións que Novacaixagalicia organizou nos centros culturais das sete principais cidades galegas ao longo de 2012. Ese é o balance que veñen de presentar os seus responsables sobre un total de 33 mostras artísticas, boa parte delas itinerantes.

Ferrol, A Coruña, Santiago, Vigo, Pontevedra, Ourense e Lugo acolleron as principais exposicións que, ademais, xeraron quince catálogos editados polo departamento de publicacións da entidade. Así mesmo, o servizo educativo fixo posible o achegamento duns 20.000 escolares e membros de colectivos culturais e asociacións veciñais.

 

na cidade

No que respecta a Ferrol, a entidade destaca especialmente o éxito que ao longo de 2012 tiveron na sede de Novacaixagalicia da cidade as exposicións “A Divina Comedia de Dalí”, no mes de febreiro, e “A cor da vida”, con obra de José González Collado, entre setembro e novembro. Esta última exposición, organizada por Diario de Ferrol coa colaboración da entidade, marcou o comezo das actividades da fundación que leva o nome do pintor ferrolán. Máis de 3.500 visitas confirmaron o éxito desta iniciativa, unha das máis vistas nas sedes culturais de Novacaixagalicia ao longo do pasado ano.

Máis de 200.000 persoas pasaron polas mostras da Fundación Novacaixagalicia

Te puede interesar