Retiran dous niños de avespa velutina no Concello de Neda

Retiran dous niños de avespa velutina no Concello de Neda

Membros da Casa do Mel de Goente, en colaboración co Concello de Neda, retiraron o sábado dous niños de avespa velutina na localidade. Un deles estaba próximo á entrada da fábrica textil de Xuvia, tiña unhas dimensións dun metro de diámetro e metro e medio de altura e estaba situado a vinte metros do chan. O outro localizárono na zona de Maciñeira, a unha altura de 35 metros. As dimensións deste eran lixeriamente menores que o de Xuvia (80 centímetros de diámetro e 1 metro de alto).
Na Casa do Mel de Goente dispoñen dun avanzado equipo preparado para facer fronte as estas alertas. Contan cunha pértiga de 35 metros e tamén fixeron cursos de trepa para achegarse ata eles no caso de que sexa necesario.
A loita dos apicultores contra a praga da avespa asiática (unha especie depredadora das abellas que está mermando de forma alarmante a súa poboación) intensifícase cada ano. A súa presenza en Ferrolterra comezou polo Ortegal, procedente da Mariña lucense e do Cantábrico e cada ano gaña terreo cara o sur.
Desde entidades como a Asociación Galega de Apicultores e os concellos afectados demandan unha maior implicación do goberno autonómico e tamén unha concienciación na sociedade do risco que supón para a biodiversidade esta invasora.

Retiran dous niños de avespa velutina no Concello de Neda

Te puede interesar