Dúas novas exposicións chegan mañá ao Torrente Ballester

Dúas novas exposicións chegan mañá ao Torrente Ballester
exposición ucha piñeiro en torrente ballester

O Centro Cultural Torrente Ballester recupera mañá a actividade expositiva con dúas novas propostas da Concellería de Cultura. A partir das 20.00 horas poderán verse a mostra fotográfica “Espazo público/Espazo privado”, a cargo dun grupo de fotógrafas actuais, e “Fausto Isorna: O ceo das ilusións”, na que este creador amosa colaxes feitos nas últimas dúas décadas.
A primeira das exposicións está comisariada por Mónica Maneiro. “Espazo público/Espazo privado” é unha mostra que quere indagar nos límites entre a imaxe pública e a imaxe privada a través de obras fotográficas e vídeo creacións. Conforman a nómina das súas autoras Ana Amado, Carla Andrade, Emma Crichton, Carolina Cruz Guimarey, Amaya González Reyes, Rita Gutiérrez Rivera, Cillas Seyde e Verónica Vicente .
“Fausto Isorna: O ceo das ilusións” presenta unha gran selección de colaxes realizados polo artista entre os anos 1993 e o 2014. As súas imaxes, plagadas de colorido e dun vibrante impacto visual, afrontan diferentes camiños de execución. Por un lado, aparecen as colaxes expresionistas onde a figuración é conseguida a partir da combinación de elementos estranos que ofrecen un intrigante resultado final. Por outra banda, o seu traballo máis actual transita entre a arte pop e o surrealismo, eliminando as fronteiras. Gemma Sesar é a comisaria desta mostra.
Antes de ambas inauguracións, o Centro Cultural Torrente Ballester albergará unha mesa redonda con todos os artistas participantes en ámbalas dúas mostras. Será a partir das 19.00 horas, con entrada libre.

Dúas novas exposicións chegan mañá ao Torrente Ballester

Te puede interesar