Viriato exporá preto de 150 especies de cogomelos en Ferrol

Viriato exporá preto de 150 especies de cogomelos en Ferrol

A semana micolóxica decana de Galicia, a de Ferrol, volverá nos vindeiros días a centrar o foco nos fungos e cogomelos, as súas aplicacións, a súa divulgación entre os escolares e a súa importancia natural. A asociación Viriato, de novo coa colaboración do Concello de Ferrol, organiza cinco días de actividades que comezarán con charlas no Torrente Ballester, continuarán cunha macroexposición no Cantón e rematará o sábado da vindeira semana cunha saída ós montes. O seu presidente, Manuel Costas, e o concelleiro de Educación, Suso Basterrechea, presentaron onte as actividades.
Comezarán o martes no salón de actos do Torrente Ballester. Alí, ás 19.30 horas, Julián Alonso Díaz falará dos usos, utilidades e novas aplicacións dos fungos. Ó día seguinte, no mesmo escenario e á mesma hora, será José María Traba Velay o ponente, e falará sobre as rúsulas.
As actividades trasladaranse a unha carpa no Cantón o xoves. Alí abrirá unha macrocarpa na que se amosarán preto de 150 especies distintas, así como o cartel gañador do concurso escolar que organizan cada ano. Abrirá de dez da mañá a unha da tarde, tamén o venres, e ten unha orientación especial cara ós escolares, que visitarán este espazo e participarán en obradoiros de plástica e de debuxo.
O sábado será o momento de saír o monte para saber recoñecer as especies, como recollelas, conservalas e cociñalas. Trátase dunha proposta gratuíta e aberta a toda a cidadanía para a que é preciso inscribirse previamente.
Ó mesmo tempo desde Viriato anúnciase xa o concurso para elixir o cartel promocional do ano próximo. Poden participar alumnos de Primaria de Ferrolterra, cun debuxo tamaño folio que inclúa o lema “XXX Semana Micolóxica de Ferrol” e centrado na temática “Os cogomelos e o seu mundo”.

Viriato exporá preto de 150 especies de cogomelos en Ferrol

Te puede interesar