Fene conmemora San Valentín cun novo concurso de cartas de amor

Fene conmemora San Valentín cun novo concurso de cartas de amor
o día de rosalía –na imaxe, escultura en ferrol– celébrase o 24 de febreiro en toda galicia d.a.

O certame de cartas de amor de Fene cumpre quince anos. A emisora municipal (Radiofusión) convoca unha nova edición deste concurso literario, que se falla o 14 de febreiro, coincidindo con San Valentín, día dos namorados. Tamén toman como referencia a Candelaria (o día 2), data na que, segundo a tradición popular galega, casan os paxaros.

O premio desta edición consiste nunha cea e unha noite romántica no hotel Hesperia, en Ferrol. As persoas que desexen participar poden enviar os seus orixinais a Radio Fene (Casa do Concello, 15500) ou ó correo direccion@radiofusion.eu. O prazo de presentación remata o 12 de febreiro.

As bases establecen que as cartas, en prosa ou en verso, deben estar escritas en lingua galega e a súa extensión non pode exceder dun folio ou de 1650 caracteres.

A edición de 2012 gañouna María Gómez Díaz, natural e veciña de Castro de Ribeiras de Lea, en Lugo. Fíxoo cunha carta real, que escribira tres anos antes coa intención de deixar á súa parella. “As cousas acabaron ben”, apuntaba a autora.

 

Fene conmemora San Valentín cun novo concurso de cartas de amor

Te puede interesar