Chicas de Oro, Intermezzo e Trasnochadores, na Calzada

Chicas de Oro, Intermezzo e Trasnochadores, na Calzada
trasnochadores del eume

A praza de San Roque (A Calzada), en Pontedeume, será mañá xoves o escenario dunha nova edición do Festival de Verán, unha cita na que colaboran diversas entidades musicais da vila. Nesta ocasión poderase escoitar o repertorio das Chicas de Oro, ó coro músico-vocal Allegre Intermezzo e á rondalla Trasnochadores del Eume, que son ademais os organizadores, en colaboración coas outras dúas formacións e co Concello.
A música no escenario da Calzada –que durante todo este mes albergou festivais como o folclórico de Orballo ou o de habaneras da Polifónica– comezará a soar a partir das nove da noite. Haberá sillas nesta céntrica praza eumesa, na que se impide aparcar cando hai actuacións, para os que queiran seguir o concerto sentados.

Chicas de Oro, Intermezzo e Trasnochadores, na Calzada

Te puede interesar