Cedeira- Arrancan os obradoiros de memoria, ximnasia e zumba

O Concello de Cedeira porá en marcha este mes de xuño os obradoiros de memoria, ximnasia terapéutica e zumba gracias á concesión de subvencións da Deputación da Coruña. 
O primeiro en poñerse en marcha, tirando da bolsa de emprego que ten habilitado o Concello para a contratación de persoal, será o de memoria, que se impartirá dende mediados de mes na biblioteca do Auditorio e nos locais parroquiais. Os de ximnasia e zumba terán que esperar á contratación dos monitores polo que, como informan dende o Concello, non empezará ate o mes de xullo.

máis información
Debido ao retraso, a intención do goberno local é darlle continuidade ás clases durante todo o verán ate decembro. 
As personas interesadas en obtener máis información sobre a iniciativa poden poñerse en contacto coa concellería de Servizos Sociais.

Cedeira- Arrancan os obradoiros de memoria, ximnasia e zumba

Te puede interesar