Tres detidos por roubo de material nunha empresa de lousa de Ortigueira

A Garda Civil detivo tres homes, todos eles veciños de Asturias, como presuntos autores do roubo de material nunha empresa de lousa de Ortigueira da que levaron material por un importe de 80.000 euros, informou hoxe o instituto armado.

Foron apresados por axentes do posto das Pontes cando circulaban co material roubado nunha furgoneta ao seu paso pola vila mineira.

As investigacións permitíronlles comprobar que o que portaban no furgón era parte do material roubado nunha empresa de lousa, onde ademais de roubar causaron, supostamente, varios danos na nave e nas oficinas. Os catro pasarán ao longo da mañá deste xoves 3 a disposición do Xulgado Número Un de Ortigueira, que xa instrúe o caso.

Por outro lado, en Betanzos, os axentes imputaron un mozo de 18 anos o roubo cometido no IES As Mariñas no pasado 23 de marzo. Sinálano como presunto autor do furto de 80 euros da conserxaría do centro e informaron dos feitos o xulgado brigantino. EFE.

1010582

Tres detidos por roubo de material nunha empresa de lousa de Ortigueira

Te puede interesar