A actuación da Panorama aprázase ata o mércores 4 polas “fortes rachas de vento”

A actuación da orquestra Panorama, prevista para onte a partir das once da noite en Ferrol, foi aprazada ata o mércores da semana próxima á mesma hora. Segundo informou a propia formación a través do seu Facebook, “o forte aire que fai non nos aconsella montar”. A festa ía celebrarse no barrio de Esteiro, na zona do campus, na rúa Españoleto. A empresa organizadora das festas confirmou que a orquestra actuará en Esteiro pero que podería variar a ubicación.
As primeiras novas sobre os problemas para a montaxe do palco xurdiron durante a festa infantil. Alí mesmo avanzaron que se estaba estudando a suspensión.
O goberno local remitiu pasadas as nove da noite aos medios un comunicado de Representaciones Lito no que se explicaba que non se puideron montar as infraestruturas necesarias para levar a cabo a actuación prevista debido “ás fortes rachas de vento, duns trinta nudos de forza, rexistrados  na zona de Ferrol na tarde de onte”. Asimismo, indicouse que un técnico de montaxe, outro da empresa e o coordinador de Seguridade do Concello  desaconsalleron instalar o escenario. n

A actuación da Panorama aprázase ata o mércores 4 polas “fortes rachas de vento”

Te puede interesar