NCG ofrece cursos de fotografía e desenvolvemento persoal e inicia ademais un club de lectura

NCG ofrece cursos de fotografía e desenvolvemento persoal e inicia ademais un club de lectura
Taller Infantil de Animacion por Ordenador en Caixa Galicia

“A dama de ferro” inaugurou onte un ciclo de cine na Fundación Novacaixagalicia da cidade ferrolá. Pero nas próximas semanas incorporaranse á programación novas actividades, que inclúen cursos de fotografía, audiovisual para nenos, propostas de desenvolvemento persoal e tamén un club de lectura.
Esta última proposta está coordinada por Pilar Blanco e levarase adiante o segundo martes de cada mes, ata xullo, en dúas quendas de hora e media de duración, ás cinco e ás sete da tarde. Ten un límite de 15 prazas e custa dez euros por sesión (as entradas para esta e para as demais actividades pódense mercar a través de www.servinova.com).  A xornada de presentación, gratuíta, será o martes 25 de marzo, ás 19.30 horas. Con esta iniciativa quérese “contribuír a mellorarmos a comprensión lectora” e a “dinamizarmos un ámbito do noso coñecemento que nos axude a estar máis formados e informados”. Búscase o diálogo e o intercambio, de foma que os participantes poidan incluso “cambiar de opinión sobre o libro grazas ás interpretacións que achegan os compañeiros”.
Os cursos de fotografía terán un nivel básico e outro avanzado. O primeiro, de oito horas de duración, será entre o 2 e o 30 de abril, impartido por María Loureiro. Hai 15 prazas e ten un custe de 40 euros. Serán sesións de dúas horas os mércores, entre as sete e as nove da noite). O obradoiro tratará aspectos básicos da fotografía dixital, centrándose no seu funcionamento, aínda que tamén se abordarán aspectos teóricos, incluíndo un “paseo pola historia da fotografía”.
O curso de nivel avanzado será do 7 de maio ó 28 dese mes, tamén os mércores, de sete a nove. Impartirao María Riobóo e custa 40 euros. Nestas castro sesións afondarase en cuestións relacionadas coa captura, os tipos de obxectivos, a edición e catalogación e tamén a cantidade e calidade da luz. Advirten de que é “un programa xenérico” que se pode modificar en función das necesidades e coñecementos dos alumnos inscritos.
A realización persoal así como o desenvolvemento de habilidades comunicativas será o eixo de outras dúas actividades, dirixidas ambas por Modesto Gómez. Terán doce horas de duración e custan 66 euros. Hai un límite de dez prazas pero con menos de sete non se levarán adiante. Presentaranse o 22 de abril, ás 19.30 horas. O taller de “coaching” será os martes, entre o 29 de abril e o 3 de xuño, de sete da tarde a nove da noite. “O coaching axudaranos a pór en valor as nosas bondades e as do noso equipo partindo da toma de conciencia do noso talento e as nosas capacidades. Así mellorará a nosa eficacia e eficiencia social”, apuntan na presentación.
Os luns, do 28 de abril ó 2 de xuño, será a quenda do curso “Luces, cámara, comunicación”, actividade na que se busca “transmitir os mecanismos que propician o éxito na comunicación, cara a unha conferencia, un faladoiro, unha reunión de traballo ou un simple intercambio de opinións”.

NCG ofrece cursos de fotografía e desenvolvemento persoal e inicia ademais un club de lectura

Te puede interesar