A Deputación financiará o 80% das obras de rehabilitación da escola unitaria de Centroña

A Deputación financiará o 80% das obras de rehabilitación da escola unitaria de Centroña
Diario de Ferrol-2019-09-15-016-3103d103

A escola unitaria de Centroña converterase nun centro sociocultural que dea servizo aos veciños desta parroquia eumesa. Será a segunda edificación deste tipo que se transformará para ter un novo uso, logo das obras que xa comezaron en Nogueirosa e das que se prevén no antigo centro de ensino de Campolongo.

A Deputación da Coruña e o Concello de Pontedeume colaboran economicamente nuns traballos cun custe de 230.601 euros. Deles, o organismo provincial achega 184.481,52 e o 20% restante sairá das arcas municipais. 

Dinamización
O portavoz da Deputación da Coruña, o socialista Bernardo Fernández, que ao mesmo tempo é o alcalde eumés, subliñou a importancia que ten rehabilitar estas edificacións porque “forman parte do noso patrimonio e da nosa historia”. Valorou que os seus novos usos contribuirán “a dinamizar a vida social e cultural das nosas parroquias”.

A antiga escola unitaria de Centroña ten 321 metros cadrados distribuídos en dous andares. No baixo habilitarase un espazo diáfano de cen metros cadrados, así como un baño, oficina, cuarto de limpeza e almacén. Na pranta superior haberá dúas salas multiusos de 54 e 33 metros cadrados e, ademais, aseos, distribuidor, vestíbulo e oficina. 

A maiores desta rehabilitación e acondicionamento faranse obras para mellorar a entrada principal e para instalar escaleiras e ascensor na parte posterior do edificio, asegurando así a accesibilidade a calquera persoa.

A Deputación financiará o 80% das obras de rehabilitación da escola unitaria de Centroña

Te puede interesar