A orquestra Panorama despediu as festas de Ferrol

A orquestra Panorama despediu as festas de Ferrol
Imaxe da actuación da orquestra Panorama, que onte volveu encher o barrio de Esteiro jorge meis

As festas de Ferrol remataron onte, e non o 31 de agosto como é habitual, coa actuación da orquestra Panorama. Esta grande atracción estaba prevista para o xoves 29, pero as fortes rachas de vento impediron montar o escenario e obrigaron a cambiar a data para o único día libre que tiña a formación despois de 70 xornadas ininterrompidas de traballo. Así o explicaban eles mesmos cando informaron dun aprazamento que desilusionou a centos de persoas que se desprazaran ata a cidade.
 Esa sensación quedou onte borrada co espectáculo que se despregou en Esteiro, na zona do Patín. Alí, unha das mellores orquestras de Galicia desenvolveu o repertorio e a impresionante proposta escénica coa que triunfaron durante o verán nas verbenas de todo o país.

A orquestra Panorama despediu as festas de Ferrol

Te puede interesar