O roteiro teatralizado “Tal como eramos” reuniu na Capela a unhas 300 persoas

Diario de Ferrol-2019-09-16-022-3643dfaa
|

Desde hai catro anos, o Museo Etnográfico da Capela recrea o acontecer vital, social e histórico dos homes e mulleres da zona nun ano de referencia. Desta volta, que foi a cuarta edición, tocaba 1944. Como sempre, foron os propios veciños –uns 55– os que por unhas horas exerceron de actores para que as 260 persoas inscritas na cita puideran gozar dun roteiro teatralizado de tres horas de duración e duns dous kilómetros de percorrido polas inmediacións da “Casa do Pazo”.

Ao longo do mesmo sucedéronse as escenificacións que, por uns intres, permitiron retrodecer no tempo para poñerse na pel dos nosos antergos.

“Vanse poñendo en escena momentos reais e tamén ficcións ambientadas na época”, comentaba onte Secundino García, impulsor da actividade e fundador do museo, fiando ao mesmo tempo unha historia que este ano tivo como final a celebración dunha voda, con xantar incluído. De poñer a nota musical encargouse o grupo Los Nostálgicos.

García destacou a excelente resposta por parte do público, xa que se cubriron todas as prazas dispoñibles.

O roteiro teatralizado “Tal como eramos” reuniu na Capela a unhas 300 persoas