“Busquei a conexión entre Hildegart e Risco a través da súa pertenza á agrupación teosófica”

“Busquei a conexión entre Hildegart e Risco a través da súa pertenza á agrupación teosófica”
Henrique Dacosta Entrada ao Xardín do Saber

A Galería Sargadelos acolle hoxe ás 20.00 horas a presentación da cuarta novela do escritor ferrolán Henrique Dacosta, “Entrada ao xardín do saber” (Ed. Redelibros), na que o seu protagonista, un xornalista especializado en temas culturais, acha, sen o pretender, unha curiosa conexión entre Risco e Hildegart.

Que teñen de especiais estes personaxes?
A de Hildegart sempre me pareceu unha historia fascinante e ao mesmo tempo truculenta, cunha forte carga emotiva e intensamente ligada ao seu momento histórico. Aproveitei para tirar do fío a través doutro personaxe que me parece moi significativo como é Vicente Risco. En principio non teño nocións de que se chegasen a coñecer, pero puidera ser que si.

A conexión é unha hipótese?
Búscoa, sobre todo a través da teosofía porque os dous formaron parte desa Agrupación Teosófica, e tiro desa idea. Había un amigo común, Coucelo, que por que non puido ser un nexo entre as dúas partes?
A novela ten un estilo xornalístico e, de feito, o fío condutor é un xornalista... Era o recurso máis acaído para desenvolver a historia?
De xeito inconsciente vas buscando un modo de tirar da historia e en calquera narración longa a investigación é un elemento moi recorrente. Neste caso, o protagonista é un xornalista especializado en literatura que pescuda as conexións entre Risco e Rodríguez Carballeira, aínda que o seu punto de partida orixinal é o escritor ourensán.

Optou por dous personaxes complexos e contraditorios. Por que?
Son personaxes complexos porque como persoas xa o eran. Ao literaturalizar os protagonistas vas collendo retallos da realidade e achegando outros da ficción para enriquecer a historia. Ben é certo que neste caso ámbolos dous teñen unha personalidade abrumadora. Risco era un home curioso, controvertido, que nadaba nese nacionalismo que ía derivando cara á esquerda e que representaba o Partido Galeguista. O motor do que arranca a ideoloxía nacionalista é o propio Risco, malia ser de dereitas. E Aurora tiña unha personalidade tremendamente forte e desde a súa mocidade está obcecada por un obxectivo: conseguir o individuo perfecto, encarnado nese ser de laboratorio que vai ser Hildegart, aínda que ao principio a “boneca de carne” era Pepito Arriola, o seu sobriño. O que non puido facer con el fíxoo logo con Hildegart.

“Busquei a conexión entre Hildegart e Risco a través da súa pertenza á agrupación teosófica”

Te puede interesar