Moeche recepciona a segunda fase das obras do recinto de San Ramón

Moeche recepciona a segunda fase das obras do recinto de San Ramón
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-71094b34

O Concello de Moeche vén de recepcionar nas últimas horas a segunda fase das obras de mellora que se acometen no recinto feiral de San Ramón. A alcaldesa, Beatriz Bascoy e a responsable da empresa Urespa Proyectos y Obras asinaron a acta de recepción dos traballos que se viñeron facendo nos últimos meses.

A actuación centrouse tanto no aspecto xeral do espazo como en cuestións de mellora da mobilidade entre as distintas dependencias. Así, o que máis salta á vista é o lavado de cara exterior que se lle deu á nave do polbo, o remate da parte traseira da nave do mercado e a colocación dun panel metálico coa feitura dun grande indicador luminoso situado en paralelo á estrada provincial, que é o principal punto de estacionamento e de acceso á feira polo leste. A obra tamén serviu para repoñer o saneamento na contorna da antiga nave das verduras e para instalar novas varandas e reparar os accesos.

Segundo informan desde o consistorio, boa parte do investimento centrouse no arranxo das instalacións multiusos, onde teñen a súa sede varias entidades do municipio ademais doutros servizos de apoio ao sector primario. No edificio adecentouse unha pequena zona de almacén, recibiu tratamento contra as humidades, pintouse por fóra e dotouse de aseos completamente novos e adaptados a persoas con mobilidade reducida. “Esta parte da obra vén cumprir unha petición que nos fixeron as entidades e que, por outra banda, era algo urxente, vendo as condicións en que estaba o edificio. Había tempo que queriamos darlle solución e o convenio suscrito coa Deputación permitiunos facelo”, asegurou Beatriz Bascoy.

A alcaldesa explicou tamén que a restauración do recinto feiral “é algo que avanza amodo pero con paso firme, xa que cómpre ir facendo as cousas na medida das posibilidades económicas do Concello e das achegas que sexamos capaces de xestionar doutras administracións”, ademáis, engade que “vaise cumprindo pouco a pouco a folla de ruta que marcamos en 2016 co impulso ao mercado, ás feiras do 11 e do 23 e coa diversificación dos eventos que aquí se celebran, co obxectivo de revitalizar San Ramón como punto de dinamización económica e social”. 

O Concello tamén prevé dotar de aglomerado a explanada que hai diante das naves, cuxo plazo para presentar ofertas.

Moeche recepciona a segunda fase das obras do recinto de San Ramón

Te puede interesar