Orgullo

|

Seica houbo algunhas persoas que se sentiron ofendidas por certo artigo sobre o “día del orgullo gay”. Vaia por diante o meu profundo respecto para todas as persoas dese colectivo, coa seguridade de merecer, pola súa parte, o mesmo respecto os que non esteamos incluídos nese grupo. Aclarado isto, teño que confesar que non entendo a intención desa celebración, se non é para celebrar que, a súa valentía, conseguiu rematar coa marxinación que sufriron durante moito tempo. Porque teñen dereito a sentir orgullo por ser persoas como calquera, pero si proclaman o seu “orgullo gay”, a alguén excesivamente sensible podería parecerlle que se trata dunha provocación ou un desprezo aos “non gays”. Non é o meu caso, pero entendo que, esixindo respecto para os gays, haberá que respectar tamén aos que critican o xeito da celebración dalgúns deles, que non a celebración mesma. Pero sempre dentro do máis absoluto respecto para todos. E se é con algo de humor, mellor. Non si?

Orgullo