Contos con “teatro de papel”, literatura e bailes dos Cempés, na axenda cultural de Neda

Contos con “teatro de papel”, literatura e bailes dos Cempés, na axenda cultural de Neda
NEda Biblioteca Municipal Contacontos

O libro de Paula Merlán –con ilustracións de Lucía Cobo– “Un gato en las nubes” centrou onte a actividade desenvolvida na Biblioteca Municipal de Neda dentro do programa de fomento da lectura “Lesme un conto?”.
O relato foi narrado ademais nesta ocasión a través da técnica xaponesa coñecida como “kamishibai” e que consiste nunha especide teatro de papel. A xornada incluíu ademais un obradoiro de caretas das personaxes do devandito conto, fiando así unha intensa e amena proposta dirixida ao público infantil.
A sempre ampla e variada axenda cultural do municipio nedés comtempla para mañá venres a presentación dun libro, “Nos vemos en Ítaca”, de María Isabel Espiñeira Castelos. A cita terá lugar ás 20.30 horas na Casa das Palmeiras. A autora, herculina de nacemento, ten publicados varias novelas, como “Hijos de la bruma”, “Mientras llega mañana” o “Cuando amor es pecado”, así como os poemarios “De amor y de esperas” o “Viviendo con miedo”.
O pasado outubro publicou na editorial “Me gusta escribir” o seu último libro, no que a protagonista, Amanda, queda sen traballo ao tempo que a súa tía Irene, á que apenas coñeceu, déixalle en herencia unha casa nun pequeno pobo costero. 
Xa para o vindeiro 30 de xaneiro, o baile acaparará a atención coa celebración do obradoiro de baile da formación musical Os Cempés, que achegarán así ata o municipio de Neda unha animada e interesante proposta para a que será preciso inscribirse de xeito previo –é gratuíta–.
A esta actividade, fixada para as 19.30 horas na Casa da Cultura do concello, seguirá outra sesión de baile co devandito grupo, xa a partir das 22.00 horas. Neste caso a entrada custará dous euros –ata completar aforo–, tal e como se informou.

Contos con “teatro de papel”, literatura e bailes dos Cempés, na axenda cultural de Neda

Te puede interesar