Cerdido recreou a tradicional tarefa da malla na festa organizada pola Asociación Os Casás

|

A parroquia de Os Casás, en Cerdido, cumpriu onte fiel á súa cita coa Festa da Malla Tradicional, organizada pola Asocación Restauracións Os Casás coa colaboración do Concello e da Deputación da Coruña.
A cita, que chegou á súa undécima edición, reuniu a numeroso público. A apertura das exposicións de maquinaria, con novas incorporacións, e de coches eléctricos, deu o pistoletazo de saída a unha xornada que continuou cunha demostración da malla popular. Veciños da zona recrearon así, ante a presenza dos visitantes –unhas cincocentas persoas–, unha das máis típcas tarefas agrícolas que se desenvolvían hai décadas para separar o gran da palla do trigo.
Unha vez rematada, celebrouse unha sesión vermú para a continuación gozar do xantar preparado para a ocasión, a base de paella, churrasco, criollo, liscos, cachelos, pan, postre, café e queimada.
Unha festa amenizada polo Dúo Girasol completou a festa. A asociación, que salientou o excelente desenvolvemento da xornada, quixo adicar a cita ao que fora presidente da entidade, Conrado Gil, que faleceu este ano. l

Cerdido recreou a tradicional tarefa da malla na festa organizada pola Asociación Os Casás