O ciclo teatral Domingos a Escena regresa esta fin de semana a Caranza

O ciclo teatral Domingos a Escena regresa esta fin de semana a Caranza
Teatro - Domingos a Escena

Despois dos problemas habidos entre a anterior concellería de Cultura e a compañía Ti e Mais Eu Teatro pola organziación do ciclo Domingos a Escena en Caranza, semella que as augas baixan mansas. O próximo domingo, como sempre de balde e ás 19.00 horas, o Centro Cívico acollerá unha nova temporada do ciclo teatral amador. O grupo de teatro Donas, da asociación Amistad de Santa Mariña, será o encargado de abrir o programa na xornada dominical coa posta en escena de “A vinganza de Antón Torrón”. 

dinamizar o mundo amador
O edil de Cultura Suso Basterrechea referiuse a este ciclo como “un referente dentro do teatro amador” e que “sempre tivo unha fantástica acollida”. Respecto á polémica entre a coordinadora Ti e Maís Eu Teatro e a anterior concellería, a quen a coordinadora gañou un xuízo que obliga ao concello deixarse organizar o programa por dous anos, Basterrechea dixo que era unha situación heredada e os problemas hai que solucionalos. Agora hai que traballar e tomar medidas para dinamizar o teatro afeccionado na cidade”. Neste sentido, o edil anunciou que se está traballando nunha serie de iniciativas que concretará en breve.

para todas as idades
Respecto a Ti e Máis Eu Teatro, a súa responsable Fina Deibe, destacou que era este “un dos ciclos de teatro amador máis importantes de Galicia, e é unha honra poder coordinalo con criterios de calidade e relevancia”. Anunciou que o programa deste ano contará con obras de teatro infantil e xuvenil, ademais de adulto “porque todo o mundo ten dereito de gozar desta iniciativa”. 
A primeira parte do ciclo durará ata decembro e, tras o debut deste domingo, a protagonista será o día 27 a propia compañía organziadora, Ti e Máis Eu Teatro, que representará a obra “A fada da Malla”. O 4 de outubro será a quenda da compañía de Oleiros Farandoleiras Cabaré coa peza “Cabaré de Película”. Hermanas Teatro estarán no escenario do Centro Cívico de Caranza o 11 de outubro para representar a obra “Herencia”.
A continuación, o día 18 de outubro, Noite Bohemia porá en escena a peza clásica “Las Bacantes”, e o día 25 do mesmo mes a compañía Agarimo Teatro representará a creación “O anel máxico”.

O ciclo teatral Domingos a Escena regresa esta fin de semana a Caranza

Te puede interesar