Homenaxe do Club de Prensa e estrea da coral Bohemios dunha obra na Fundación NCG

Homenaxe do Club de Prensa  e estrea da coral Bohemios dunha obra na Fundación NCG
Actuación de los Bohemios en el Dia Mundial del Alzheimer

O Club de Prensa de Ferrol celebra hoxe, ás 19.00 horas, no Centro Sociocultural da Fundación Novacaixagalicia, un novo acto no marco da conmemoración do 25 aniversario da fundación da entidade. No seu transcurso, a formación músico-coral Bohemios, dirixida por José Miguel Calabuig, estreará a partitura “Oh, Galatea”, dentro do recital “Músicas do mar”.  No programa inclúese tamén a imposición de insignias aos presidentes que tivo ou Club de Prensa de Ferrol: Germán Castro, José Ramón Varela, Julia Díaz Sixto, Xan Morales Somoza e María Ares Sanmartín, titular actual.

intervencións
No acto en Novacaixagalicia están previstas as intervencións de Miguel Fernández e Fernández, almirante, escritor e pintor; Xosé María Dobarro Paz, catedrático da UDC e colaborador habitual de Diario de Ferrol; Xan Morales e Xosé Manuel Orriols, xornalistas, e José Pardo, fotoperiodista. A homenaxe será presentada pola tamén xornalista Ada Romero. Complementase esta actividade cunha exposición bibliográfica de boa parte das publicacións feitas polo Club de Prensa de Ferrol.

Homenaxe do Club de Prensa e estrea da coral Bohemios dunha obra na Fundación NCG

Te puede interesar