Borja Quiza recibirá o premio “O son dunha vida” no Festival de Habaneras de Ortigueira

Borja Quiza recibirá o premio “O son dunha vida” no Festival de Habaneras de Ortigueira
14 agosto 2013 / 28 septiembre 2018 página 36 A Coruña.- El cantante Borja Quiza vistió la plaza de María Pita con el glamour y la música de los años 40

O barítono Borja Quiza será galardoado no transcurso  do II Festival de Habaneras e Canción Mariñera de Ortigueira co premio “O son dunha vida”. A cita, organizada pola asociación que leva o mesmo nome, coa colaboración do Concello e a Deputación da Coruña dará comezo pola mañá e culminará pola noite.

O artista, natural da vila, é un dos barítonos máis importantes do panorama musical nacional e este premio non é máis que un agradecemento do seu pobo polo seu cariño e a súa traxectoria.

Os actos comezarán ás once da mañá na Biblioteca Municipal cun percorrido polo patrimonio indiano, organizado polo departamento municipal de Turismo. Tamén se poderá facer a partir das 11.15 horas desde o Centro Cultural Libro Vivo de San Claudio. Ás 12.00h inaugurarase a exposición do pintor cubano David Prieto-Puga Abeleo no Claustro do Concello e, ás 13.00h, nese mesmo lugar, actuará o Coro de Espasante, dirixido por Marisa Novo.

A partir das 20.00 horas haberá un desfile de época pola Praza Isabel II e polo Cantón e, media hora máis tarde, ás oito e media, comezarán as actuacións musicais. Os encargados de amenizar a noite son O Grupo de Guitarras da Escola de Música de Ortigueira, dirixidos por Xurxo Iglesias; a Rondalla de Cariño, dirixidos por Marisa Novo; o Coro Son Astur de Oviedo, capitaneados por Javier Mejuto; o Coro Tempus Fugit de Viveiro, dirixidos por Javier Fajardo; e a Coral Polifónica “El Eco” de A Coruña, levados por Pedro Martínez Tapia.

A xornada concluirá coa entrega do premio a Borja Quiza.

Borja Quiza recibirá o premio “O son dunha vida” no Festival de Habaneras de Ortigueira

Te puede interesar