A banda xaponesa Harmonica Creams desembarca hoxe en Ortigueira e o venres en Cariño

A banda xaponesa Harmonica Creams desembarca hoxe en Ortigueira e o venres en Cariño
Imaxe do grupo xaponés que esta noite actuará no Paralaia de Ortigueira

A banda xaponesa Harmonica Creams regresa hoxe ao Paralaia de Ortigueira xusto un ano despois de facer vibrar ao público do municipio co seu “celtic blues”.


O concerto, previsto para as 23.00 horas e totalmente gratuíto, está enmarcado na xira que están a realizar por Europa e que nos últimos días os levou a tocar no Festival Pardiñas e no Intercéltico d’Occidente.
Logo da cita desta noite, continuarán pola comarca do Ortegal, xa que o venres ofrecerán outra actuación en Cariño, tamén de balde. Neste caso será ás 21.30 horas en Porta da Pulida.

Músico
A banda está formada por Yoshito Kiyono á armónica, Aiko Obuchi ao violín e Koji Nagao á guitarra. No “tour” deste verán chegan ademais acompañados polo percusionista Yosune Watanabe. Os músicos combinan os timbres eclécticos destes instrumentos fusionando a acústica e a electrónica para crear un son único.


A súa historia comezo en 2009, cando debutaron no Festival de Arte Senju, e desde entón lanzaron xa cinco traballos de estudo e desenvolveron varias xiras por Europa e Xapón.


Foron os gañadores do certame de bandas do Festival de Lorient en 2018 e no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira en 2012.

A banda xaponesa Harmonica Creams desembarca hoxe en Ortigueira e o venres en Cariño

Te puede interesar