O Toxos celebrará o sábado no Jofre o seu 99 aniversario

O Toxos celebrará o sábado no Jofre o seu 99 aniversario
Festival Toxos en el Jofre

O Real Coro Toxos e Froles actuou por primeira vez no teatro Jofre o 29 de maio de 1915, na que foi tamén a súa primeira actuación pública logo da constitución oficial o 30 de xaneiro dese mesmo ano. Entón dirixíao o gaiteiro Manuel Lorenzo Barja. Desde aquela a súa actividade non se interrompeu, polo que é o coro decano de Galicia. O vindeiro sábado, ás 20.30 horas, volve ser o Jofre o escenario no que cantarán e tocarán os actuais membros da entidade, dirixidos desta vez por Manuel Amorós Romero. Pasaron 99 anos e, coa vista posta na celebración do centenario, en 2015, o Toxos sopra as candeas acompañado no escenario por outras dúas entidades case centenarias, a coral De Ruada (fundada en Ourense no ano 1918) e o grupo de baile de Cantigas e Agarimos, de Santiago, que naceron en 1921.
“A presente edición do festival do Toxos reúne no escenario case tres séculos de historia da música tradicional galega e é, sen lugar a dúbidas, unha das mellores oportunidades de achegarse á nosa música popular na nosa cidade”, apuntan desde a entidade que dirixe o gaiteiro Arturo Lamas.
O Toxos cantará e tamén actuará o seu grupo de instrumentas tradicionais, que leva o nome do fundador, Manuel Lorenzo. Pero ademais aproveitará a ocasión para presentar o seu máis recente traballo discográfico, “100 anos”, gravado en Casa de Tolos e tamén na propia sede. Nel inclúen catorce melodías “que amosan os diferentes xeitos de interpretar do Coro ao longo dos seus cáseque cen anos de vida”, explican. “Foliadas, pandeiradas, alalás... que recollen aesencia da nosa masa coral que quenos identifican como un referente musical do noso pobo”. Ten ademais ilustracións de Leandro Lamas.
O festival comezará ás 20.30 horas e as entradas son gratuítas. Porén, é preciso retiralas por cuestións de aforo e ubicación, na taquilla do teatro Jofre.

trailer
Para celebrar o seu centenario o Toxos e Froles prepara un documental con testemuñas de xente vencellada ó coro que lembran a súa historia e anécdotas como a interpretación do Himno Galego diante do ditador Francisco Franco. É este un tema que interpretaron por primera vez xa en agosto de 2015. Un avance deste traballo pódese ver en internet a través de Vimeo.

O Toxos celebrará o sábado no Jofre o seu 99 aniversario

Te puede interesar