A AVV de Ultramar abre o prazo para participar no Enterro da Sardiña

A AVV de Ultramar abre o prazo para participar no Enterro da Sardiña

O Entroido está ás portas e a Asociación de Veciños de Ultramar ponse en marcha para vivir de novo o Enterro da Sardiña no barrio. Este ano coincide en datas tan temperás como o venres 12 de febreiro así que a entidade, en colaboración co Concello de Ferrol, abre hoxe o prazo de inscrición para tódalas comparsas da zona que queiran sumarse a esta celebración.
Os actos comezarán ás cinco da tarde cunha festa infantil na praza de Ultramar. A partir das oito as comparsas percorrerán as rúas do barrio acompañando á Sardiña, nun desfile que sairá da rúa Sánchez Calviño para seguir por Paraguay, Nova de Caranza, República Arxentina, Venezuela e chegar á praza. Alí desenvolverase o festival coas cancións e parodias do repertorio de cada agrupación (durante un máximo de seis minutos cada unha), que despois da incineración da “falla” seguirán de troula polo barrio.
O prazo de inscrición para participar ábrese hoxe e remata o venres. Non se celebra un concurso senón que as comparsas recibirán 125 euros por cada modalidade e agrupación. Hai un máximo de quince grupos posibles e, no caso de que fose necesario realizar unha selección, terán prioridade as que xa participaran en edicións anteriores do Enterro. Os excluídos poderían igualmente participar na celebración, pero non terían dereito a unha gratificación económica. As comparsas que ademais colaboraen noutras actividades do Entroido que organice o Concello de Ferrol durante a semana terán unha bonificación de 25 euros.
Os interesados en consultar as bases polas que se rexe esta festa e en recibir máis información, así como en solicitar a folla de inscrición, poden facelo a través do enderezo electrónico avvultramar@gmail.com ou no propio local da asociación, ubicado no número 20 da rúa Sartaña.

A AVV de Ultramar abre o prazo para participar no Enterro da Sardiña

Te puede interesar