A II Asemblea Nacionalista 4 (XLIV)

|

Como vimos na entrega anterior, na tarde do domingo 9 de novembro concluían as sesións da II Asemblea Nacionalista, que tiveran lugar na sede da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, sita no edificio que fora Colexio Maior de San Clemente, ao pé da Alameda, onde, desde hai ben anos, está o IES Rosalía de Castro.

Mais as actividades dos irmandiños non finalizaron cos debates asemblearios, xa que ás dez da noite tivo lugar un acto dedicado exclusivamente a estudantes no que tomaron parte varios oradores. O primeiro en intervir foi Castelao, que pronunciou un canto de amor a Galicia. Seguiuno Noguerol, que analizou o concepto de nacionalidade nos aspectos político e administrativo. Losada Diéguez animou a mocidade galega a contribuír co seu esforzo ao engrandecemento da terra. Risco, nunha “admirable disertación” –ao dicir do reporteiro do diario compostelán El Noticiero Gallego–, analizou a personalidade histórica e artística das nacionalidades críticas e os aspectos que o seu porvir ha presentar. Paz Andrade, alumno do último ano de Dereito, falou en nome dos estudantes e mostrouse defensor da inmediata organización do corpo escolar para contribuír á formación dunha gran cultura galega e unha Universidade autónoma, edificada sobre unha concepción integral e moderna. Interviu, así mesmo, o ourensán Euxenio Montes, alumno de Filosofía e Letras na Universidade de Madrid, que animou os estudantes a traballar a grandeza da nova Galicia. Acabou Peña Novo, que examinou o nacionalismo como doutrina social, analizando solucións e problemas. O acto finalizou coa interpretación do himno e con berros de Terra a nosa!

Tampouco os xornalistas entenderon finalizado o seu labor co remate das actividades que se encargaran de reseñar. Algúns pensaban que era de xustiza que, ademais de informar, puidesen expresar a súa opinión. Así se di no solto “Después de una Asamblea”, asinado por X, aparecido en El Noticiero Gallego / Diario de la mañana de 12 de novembro. Primeiro de todo quería deixar constancia de que os que traballaban nese xornal non lle debían nada a cacique ningún, xa que o a publicación se sostiña co diñeiro da propia industria –era esta La Comercial–, na que confeccionaban toda clase de trabalos tipográficos. Iso posibilitaba que os seis escritos se cementasen na imparcialidade.

E unha vez acalarada a cuestión, a primera pregunta que se facía era a de se os asembleístas eran “independientes o depende alguno del caciquismo disfrutando la consabida nómina?”, asunto sobre o que Castelao “que es el que nos habló con más bríos de estátuas y otras cosas más, incluso bolcheviquistas”, era o chamado a responder.

X preguntábase tamén se os que se din anticaciquís ou representan a éstes fixeran ben convidando á Asemblea algúns políticos, como o Marqués de Figueroa ou Leonardo Rodríguez, así como “Por qué no hicieron análoga invitación a los demás parlamentarios gallegos? Para el eran éstas dúas preferencias incomprensibles e censurables.


Manifestaba, ademais, que non non quería quitarlle importancia ao acto, porque a tivera, como o evidenciaba o feito de terlle dedicado o espazo que lle dedicara. Mais, xon todo, para el, “hubo lunares”.

O xornalista declarábase amante de Galicia e por iso quería que os defensores dela estivesen “limpios” y que non se xogase “con su nombre, para hacer alarde de fuerza que no podemos sostener”. Manifestábase, ademais, estar canso de “discursos y de cantos a la región bella de España”, porque para coñecer esas virtudes non fixera falta agardar polas Irmandades da Fala. Xa antes o fixeran Rosalía, Murguía, Curros e outros. E concluía afirmando que “Para defender a Galicia hace falta que el grito de ¡Terra a nosa! sea libre de todo compromiso caciquil” e preguntándose: “¿Están conformes con la teoría los asambleístas que vinieron a Santiago? Ellos son los llamados a decirlo”.
Nesa mesma primeira plana do xornal de día 12, El Noticiero Gallego incluía o solto “Adhesiones” no que se comentaba que entre os telegramas de adhesión á Asamblea recibidos estaban os de Leonardo Rodríguez e o Marqués de Figueroa, para a continuación reproducir o do primero deles. Vai dirixido a Felipe Gil Casares e di así:
“Enfermo desde mi reciente viaje a Salamanca con dolencia, impone reposo, no puedo asistir sesión clausura esa asamblea, pero tengo especial interés sepan todos celebraré salgan de la misma los mejores puntos de máxima coincidencia pues unidos como estamos por amor a Galicia, es seguro procuremos para ella todos los beneficios morales y materiales a que tiene legítimo derecho de urgente aplicación. Nadie más apasionado que V. para esa obra de ardiente galleguismo, hago votos por que de esa Asamblea surjan, como espero, soluciones satisfactorias. Con el pensamiento en Galicia y el recuerdo en V.V. uno ese telegrama al que seguirá carta. —Salúdale. —Leonardo Rodríguez”.


Dous días despois, o venres 14 de novembro, o diario compostelano insistía no tema do convite aos exministros. Desta volta ODAGLAS –Salgado disimulado, obviamente– , asina o artigo “De la última Asamblea Nacionalista Gallega / La invitación a los exministros” que comezaba:

“Fué días antes de comenzar la Asamblea Nacionalista clausurada el domingo último, cuando en la redacción de este periódico manifestó mi carísimo amigo el joven abogado y excelente escritor Manuel María González, que no podía estar de acuerdo con los organizadores de aquélla, por haber invitado para tomar parte en las sesiones a los exministros Sres. Marqués de Figueroa y Rodríguez Díaz”. A continuacion, recorda que o amigo consignara esta súa protesta perante a Comisión, o que tamén fixera na Asemblea o “médico ferrolano Sr. Quintanilla”, cando afirmara que “D. Leonardo Rodríguez era el diputado ‘más peligroso’ de Galicia…”. É por iso que Salgado non podía menos que preguntarse que “Si el objeto primordial de estas reuniones es buscar la forma de librar a nuestra región del caciquismo ¡para qué precisamos á esos señores que jamás se preocuparon de los distritos que representan en Cortes, sirviéndoles tan sólo el cargo para defender lo que nosotros combatimos?”. Para el Leonardo Rodríguez so tiña ao seu favor o feito de ter imitado os cataláns á hora de solicitar no Parlamento a autonomía para Galicia, feito que, entendía, non lle daba patente para militar nas filas dos verdadeiros galeguistas, ao que engadía: “Los ‘Hirmáns da Fala’, no debemos olvidar el discurso pronunciado por el Sr. Rodríguez años há, combatiendo estas organizaciones…”. A opinión do xornalista santiagués era que nin os dous exministros, nin ningún dos parlamentarios galegos deberían ser invitados ás reunións de índole galeguista, dado que as súas actuacións políticas os incapacitaban para falar dos problemas que Galicia necesitaba resolver se quería librarse da plaga do caciquismo.


Conclúe manifestando: Escribí este artículejo para que se vea que aún perteneciendo a la ‘Irmandade da Fala’ de Santiago fuí el primero en no aprobar lo de la invitación a los dos exministros.

En lo demás, yo que soy tan galleguista como el mejor, no tengo inconveniente en suscribir todas las conclusiones acordadas en la Asamblea”.


E creo que non lle faltaba razón. Aínda que o Marqués de Figueroa, Juan de Armada y Losada, que era cuñado de Miguel Gil Casares, non había moito que publicara o seu libro de versos bilingüe Del solar galaico (1917), que fora obxecto dunha reseña crítica moi gabanciosa de Cabanillas, aparecida n’A Nosa Terra, ou que xa ben anos antes dera á luz De la poesía gallega (1889) era evidente que no ámbito político nada fixera pola nosa terra e iso que fora moitos anos parlamentario e dúas veces ministro, en gobernos presididos por Maura. Outro tanto acontecía con Leonardo Rodríguez Díaz, ilerdense, que levaba anos sendo deputado por Chantada nas filas de González Besada e que tamén ocupara, brevemente, a carteira de Abastecementos. Uns anos máis tarde, ambos os dous serían patrocinadores económicos e formando parte do consello de redacción da revista As Roladas / Folla dos rapaciños galegos, que tirou dous números, baixo a dirección de Cabanillas, en febreiro e abril de 1922.. l

A II Asemblea Nacionalista 4 (XLIV)