O Jofre acolle o sábado o concerto de Cánovas, Adolfo e Guzmán

Diario de Ferrol-9999-99-99-999-9fcc10a0
|

Cánovas, Adolfo e Guzmán, integrantes do mítico cuarteto español de música pop CRAG –intermitentemente en activo desde os anos 1970 e do que tamén formaba parte Rodrigo García–, farán o sábado no Jofre de Ferrol a súa única parada en Galicia. Será ás 20.30 horas e as entradas, a partir de 8 euros, están a venda tanto na billetería do teatro ferrolán como en www.ataquilla.com. Os tres músicos volvían tocar xuntos en outubro de 2014 na sala Galileo Galilei de Madrid para celebrar os 40 aniversario e reedición do seu lexendario disco “Señora Azul”, o primeiro traballo do cuarteto, creado no mesmo ano da formación da banda (1974).
Aínda que no seu momente non tiveron moito éxito, co tempo foron reivindicados pola súa música, as súas letras e as súas harmonías vocais chegando a ser comparados coa banda estadounidense Crosby, Still, Nash and Young. De feito, o devandito elepé foi situado en 2004 no posto número 11 entre “Los mejores 100 discos españoles del siglo XX” pola revista especializada Rockdelux.

O Jofre acolle o sábado o concerto de Cánovas, Adolfo e Guzmán