Eva Hache, Touriñán e David Amor, protagonistas das dúas próximas citas do Pazo naronés

Eva Hache, Touriñán e David Amor, protagonistas das dúas próximas citas do Pazo naronés
Imaxe da obra “Los vecinos de arriba” con Eva Hace, á esquerda, como parte do elenco

O Padroado da Cultura de Narón avanzou onte a programación que durante o segundo trimestre do ano enchará de contido o Pazo, no que as comedias teatrais terán especial protagonismo. A primeira das obras previstas será, o vindeiro 1 de abril ás 20.00 horas, “Los vecinos de arriba”. La actriz Eva Hache forma parte do elenco desta montaxe de Pentación Espectáculos.

Trátase dunha comedia protagonizada por dúas parellas que viven nun mesmo edificio e que comparten unha cea. Durante a mesma, unha das parellas reformularase a súa relación, ata levala ao límite e obrigala a tomar unha serie de decisións que marcarán o futuro das súas vidas. As entradas teñen un prezo de 16 euros para o público en xeral e de 11,20 para aboados, desempregados e menores de 14 anos.

O sábado 8 de abril chegará ao Pazo a compañía Etiqueta Negra, neste caso coa comedia “Amigos ata a morte”. Xosé A. Touriñán, David Amor e Ledicia Sola son os protagonistas dunha obra cuxa temática xira arredor da amizade e do amor. Os tres actores son amigos de toda a vida pero a súa amizade sufrirá importantes cambios a medida que avanza a obra. O prezo das entradas, entre 15 e 18 euros anticipada e de 17 a 20 o mesmo día da función.
O monologuista e actor Sergio Pazos pasará tamén por Narón. Será o o 22 de abril, co monólogo “Se non o conto rebento”. O tema da emigración dos galegos serve de punto de partida para reflexionar sobre a situación actual na sociedade.

O 1 de maio será a quenda para outro monologuista galego, Carlos Blanco, que fará un percorrido polos seus mellores textos ao longo dos seus trinta anos de traxectoria profesional.

As entradas para estes dous espectáculos oscilan entre 9,50 e 6,65 euros.

A programación continuará o 20 de maio coa música celta de Luar na Lubre, co seu álbume do recompilatorio pola celebración do XXX Aniversario. A cita – prevista para as 20.00 horas e cuxo precio das entradas irá desde os 8,40 aos 12 euros– permitirá ao público gozar cos temas deste recoñecido grupo de música celta, con numerosos recoñecementos polo seu traballo a nivel nacional e internacional.

A finais de maio, o día 27, tomará o relevo no escenario naronés a compañía Producións Teatrais Excéntricas, para poñer en escena a farsa fantasiosa “A cabeza do dragón”. Será a partir das 20.00 horas e relatará a historia dunha viaxe ao corazón dun dragón que se narra en todas as culturas do mundo. A obra foi incluida polo autor, Ramón María del Valle Inclán, nunha colección de farsas titulada irónicamente “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”.

Da programación deste novo trimestre forma parte tamén a traxicomedia contemporánea “El Padre”, da compañía Pentación Espectáculos. Será o día 17 de xuño ás 20.00 horas. Forman parte do elenco Héctor Alterio, Ana Labordeta, Luis Rallo, Miguel Hermoso, Zaira Montes e maría González. A perda da realidade a causa da vellez é o eixo central dunha montaxe que sitúa ao espectador na perspectiva dunha mente confusa pola idade ou por intereses alleos, amosando situacións en moitas ocasións contraditorias. O prezo das entradas é de 20 euros para o público en xeral e 14 para os beneficiarios dos descontos.

Pechará o ciclo Luis Piedrahíta, cun monólogo fixado para o 1 de xullo ás 20.00 horas e titulado “Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas”.

calidade
A concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, valorou a calidade dos espectáculos programados para os vindeiros meses, apostando por elo por un cartel moi variado con comedias, traxicomedias, monólogos e música que ademais compartirán protagonismo coas actividades dirixidas ao público infantil.

Eva Hache, Touriñán e David Amor, protagonistas das dúas próximas citas do Pazo naronés

Te puede interesar