O Concello de Ferrol convoca os premios Lidera de creación artística para mozos

Os mozos e mozas de entre 16 e 30 anos de idade son os destinatarios dos Premios Lidera Ferrol 2016 convocado pola Concellería de Igualdade e Xuventude do goberno local. A convocatoria ten por obxectivo recoñecer a iniciativa, creatividade, ilusión e capacidade de traballo en diferentes disciplinas artísticas, así como a promoción de novos talentos e das súas obras.
Hai oito modalidades diferentes: curtametraxe e videoarte; deseño e soportes dixitais; fotografía; música; creación e desenvolvemento dun produto; cómic e relato curto; pintura e escultura; e teatro e danza.
Entre os requisitos necesarios para participar –pódese facer de xeito individual ou colectivo– inclúese ter nacido en Ferrol ou estar empadroado no municipio, así como cursar estudos nun centro educativo ou universitario de Ferrol no actual curso académico. As inscricións poden facerse no Rexistro Xeral do Concello, de 9 a 14 horas de luns a venres, e de 9 a 13 os sábados.
As obras deben ser orixinais, inéditas e o tema e a técnica é libre.

O Concello de Ferrol convoca os premios Lidera de creación artística para mozos

Te puede interesar