Os comedores escolares terán un apoio para nenos con necesidades especiais

O servizo de comedor escolar dos nove centros públicos do concello de Ferrol que o teñen –Ponzos incorpórase este ano– contará durante o curso que comeza o vindeiro mércores cunha novidade, a incorporación dunha persoa de apoio para os usuarios con necesidades especiais. Así llelo trasladou a concelleira de Educación, Susana Martínez Galdos, aos directores dos colexios nunha reunión na que se falou tamén das novidades que atinxen aos propios menús, que este curso elaborará a empresa compostelá Villasenín por un importe total de algo máis de 106.000 euros. 
Para garantir o correcto funcionamento do servizo, nomearase un coordinador entre a Concellaría e os nove centros públicos que se encargará de canalizar as demandas e as reclamacións como as que o pasado curso motivaron a apertura dun expediente á anterior concesionaria por empregar produtos que non figuraban nas condicións do contrato. 
O novo acordo fai especial fincapé na variedade dos menús e por iso, apúntase desde a concellería, haberá oito propostas diferentes e consecutivas para o servizo de almorzo e outras dez para o de xantar. n redacción

Os comedores escolares terán un apoio para nenos con necesidades especiais

Te puede interesar