O campus acolle o venres as IX Xornadas de Igualdade

A Facultade de Ciencias do Traballo do campus de Ferrol  e a Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña organizan, coa colaboración do Fondo Social Europeo, a cuarta edición das Xornadas de Igualdade, que nesta ocasión levarán por título “Muller, traballo e sociedade”.
A cita terá lugar este venres, día 4, na devandita facultade, a partir das 17.30 horas. A inscricón é gratuíta e aínda quedan prazas libres, tal e como se informou desde a organización.
O encontro incluirá dúas conferencias. A primeira correrá a cargo da avogada e técnica de Igualdade na Secretaría da Asociación pola Igualdade de Xénero de Castellón Ana María Julián Edo, que falará sobre as avaliacións e auditorías de igualdade e que achegará aos asistentes todos os detalles dunha ferramenta informática que axuda a valorar a igualdade. A continuación, ás 18.30 horas, tomará o relevo a profesora titular da Escola Universitaria da Universidade Jaime I de Castellón, que no seu caso disertará sobre a “Responsabilidade Social empresarial e perspectiva de xénero”.

interese
Desde a propia organización das xornadas saliéntase o seu “valioso interese para a formación integral, e desde unha pespectiva de xénero, dos nosos alumnos e alumnas”. Tal e como apuntan, “o estudo dos diversos aspectos actuais da participación da muller no mundo laboral e na sociedade en xeral, ten que levar necesariamente  a que os alumnos suban un chanzo máis na igualdade entre homes e mulleres”.
Deste xeito, anímase a participar a todas aquelas persoas interesadas no tema a tratar nunha cita que nas tres edicións anteriores tivo un gran éxito de público. n

O campus acolle o venres as IX Xornadas de Igualdade

Te puede interesar