Cedeira recupera a súa Festa do Percebe, que se celebrará os próximos días 20 e 21 de setembro

Cedeira festa do percebe
|

O Concello de Cedeira recuperará a festa do percebe da vila, unha cita que en 2012 cumpría 17 anos de vida e que deixou de celebrarse o pasado ano despois de que a súa organización comezase na Confraría de Pescadores nos seus inicios e consolidación, e na iniciativa privada posteriormente. O alcalde, Luis Rubido, explicou que o Concello asumirá a organización coa denominación I Exaltación do Percebe de Cedeira –XVIII Festa do Percebe-.
Financiará a celebración grazas aos fondos proceden da Xunta de Galicia, do Ministerio de Medio Ambiente e da UE. A festa se celebrará os días 20 e 21 de setembro e, neste caso, máis aló da degustación do producto gastronómico, o Concello proporá ao público toda unha serie de actividades paralelas.
Así, Luis Rubido avanza que, entre elas, haberá sitio para unha homenaxe aos percebeiros locais a través da proxección de audiovisuais sobre a súa vida e traballo. Ademais, celebraránse obradoiros mariñeiros dirixidos ao público infantil e sesións de showcooking –demostracións en directo a cargo de chefs galegos que cociñarán diferentes recetas co percebe como ingrediente principal–.
Os asistentes poderán participar tamén en cursos rápidos de cociña de mercado e, os máis pequenos, en obradoiros de cociña infantil. Así mesmo, a música tradicional terá tamén un papel destacado. E, paralelamente, instalaráse un mercadillo e unha taberna galega.
O obxectivo, segundo explicou o alcalde, é  o de promocionaren “o mellor percebe do mundo, o de Cedeira”, a través dunha festa e ofrecer unha nova razón, neste caso gastronómica, para achegarse á vila e disfrutar dos seus engados. n

Cedeira recupera a súa Festa do Percebe, que se celebrará os próximos días 20 e 21 de setembro