A Cátedra de Xestión de Emerxencias guiará sobre seguridade en eventos

A Cátedra de Xestión de Emerxencias guiará sobre seguridade en eventos
Imaxe de arquivo dun concerto de coros infantís, no Nadal, nunha carpa instalada no Cantón de Molíns | d.a.

Os avances na desescalada despois do peche por coronavirus vai plantexando dúbidas en distintos sectores. Os máis problemáticos son os que reúnen a un importante número de persoas nun só lugar, posto que as aglomeracións supoñen un risco máis elevado de contaxio no caso de que o virus estea en circulación. A cuestión é saber que tipo de medidas de seguridade se deben tomar desde as organizacións, xa sexan administracións ou particulares, para garantir a saúde dos cidadáns e que, ao mesmo tempo, estes poidan acudir a espectáculos sen medo. A confianza é clave á hora de recuperar a actividade nestes sectores.

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e a Universidade da Coruña colaboran desde o novembro pasado na Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, á que agora se lle encomenda que dea resposta a estas necesidades. Así, unha comisión encargarase de propoñer unha guía sobre espectáculos públicos e actividades recreativas que “dea solucións”, indican, sempre dentro das normas legais vixentes.

Na nova comisión participarán especialistas con experiencia en planificación de seguridade de eventos públicos “e estableceranse sinerxias con profesionais do sector da regulación de actos deportivos, que serán consultados para que aporten a súa experiencia á guía”, apuntan desde o Concello de Ferrol.

A Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias naceu precisamente para dispoñer de documentación científica neste ámbito de traballo, con participación de expertos e técnicos, coa fin de unificar criterios e ter un asesoramento á hora de elaborar ordenanzas municipais e protocolos específicos.

A Cátedra de Xestión de Emerxencias guiará sobre seguridade en eventos

Te puede interesar