O Jofre encherase para gozar co mellor da carreira de Tricicle

Imaxe do espectáculo que se verá no Jofre o sábado e que constitúe xa unha imaxe icónica de Tricicle
|

O grupo Tricicle non era quen de atender todas as peticións para representar os seus espectáculos e por iso creou en 1985 unha segunda compañía, Clownic, que tamén xira por todo o mundo con propostas como a que o sábado chega a un teatro Jofre que se encherá para recibilos (quedan menos dun cento de entradas). “100% Tricicle” é unha selección de sketeches de tódalas producións dos cataláns, que permiten así os seus seguidores volver ver as súas creacións máis exitosas, sempre atemporais, aínda cando a compañía principal xa non a represente. O lema co que se presentan: “Unha risa cada dez segundos”. Un reto moi apetecible que poderán comprobar os espectadores a través de pezas extraídas de “Manicomic”, “Exit”, “Elastic”, “Terrific”, “Entretres”, “Sit” ou “Garrick”.
“O humor e a posta en escena de Tricicle baséase en personaxes e accións cotiás que son canalizadas cara á comedia, fuxindo dos temas de moda e facendo que se convertan en intemporais, e permitan así que continúen vixentes anos despois da súa exhibición e con intérpretes diferentes”, afirman.

O Jofre encherase para gozar co mellor da carreira de Tricicle