Finalizan os traballos de mellora dos accesos e da sinalización no pico de Ferreira

Finalizan os traballos de mellora dos accesos e da sinalización no  pico de Ferreira
Diario de Ferrol-2018-10-28-016-b52883e1

O Concello de San Sadurniño informa do fin dos traballos de reparación do acceso Pico de Ferreira, un dos referentes turísticos da vila. Como ben se lembrará aquí se toapa a famosa “cama do santo”, unha tumba antropomorfa labrada na rocha de orixe incerto e tamén hai no lugar un miradoiro natural que ofrece unas fermosas visas de todo o val do Xubia, como explican desde o Concello. O lugar tamén é punto de observación do proxecto do Xeoparque do Ortegal.
Os traballos no entorno do Pico de Ferreira, que foron cofinanciados en colaboración coa Direción Xeral de Turismo con cargo a unha partida de 38.000 euros, consistiron, en primeiro lugar, na reparación da pista de acceso ao cume do monte. Trátase dunha vía forestal que xa fora reparada na década dos 90, ao igual que a área superior do monte, con cargo a axudas do programa europeo Proder. Porén, o paso do tempo e de maquinaria pesada estragaron case por completo o camiño, de xeito que ata hai tan só uns días a subida só podía facerse a pé ou en todoterreo.
O proxecto deseñado polo Concello e aprobado por Patrimonio arranxou con formigón a maior parte da pista, deixando intacto o último tramo e a zona do miradoiro por causa do seu valor arqueolóxico. De feito, esa foi unha das condicións da Xunta para autorizar os traballos e por iso nesa área concreta só se levou a cabo unha intervención de conservación das varandas protectoras, acompañada da roza de maleza e da colocación dun novo panel que axude a comprender a relevancia tanto histórica como paisaxística deste lugar.
O Pico de Ferreira é un miradoiro natural peculiar pola súa feitura. “É un cono case perfecto que non ten semellantes en ningún outro lugar da comarca, parecido ao Pico Sacro, preto de Santiago”, indican desde o Concello e engaden que, como aquel, “o noso pico atesoura numerosas lendas, tradicións e vestixios históricos como o  da cama de San Vicente”.  Un escrito datado no século XI fala da presenza en Ferreira de dous templos, un na honra de San Paio e outro adicado a San Vicente. O primeiro, situado no lugar da Seara e é de estilo barroco. No seu interior consérvase a figura dun San Vicente encadeado que, segundo a tradición, fuxía polas noites para irse deitar á súa “cama” no alto do pico.

Finalizan os traballos de mellora dos accesos e da sinalización no pico de Ferreira

Te puede interesar