Comezan as Xornadas Apícolas do Eume con diversos obradoiros para escolares

Comezan as Xornadas Apícolas do Eume con diversos obradoiros para escolares
Diario de Ferrol-2014-10-07-013-e63c261f_1

Onte comezaron na Casa do Mel de Goente as primeiras actividades dentro das XV Xornadas Apícolas patrocinadas polo Concello das Pontes. Precisamente foron os escolares do colexio A Fraga os que abriron esta doce cita que se estende ao logo da semana. Os pequenos aprenderon a facer candeas de cera, viron como traballaban as propias abellas nunha colmea e levaron a cabo unha degustación de produtos locais como queixo e mel.
As Xornadas Apícolas organizadas desde a Casa do Mel e a delegación de AGA continúan o xoves e o venres coas catas de meles para elixir o mellor produto claro e escuro, xa que a cor e o sabor varían en función da alimentación das abellas. A xornada do sábado comeza pola mañá con varias conferencias a partir das 10.00 horas como “Aplicacións de Apitoxina”, “A publicidade dos productos apícolas: etiqueta e envase, os vendedores silenciosos” e unha mesa redonda sobre a vespa velutina con presenza de apicultores afectados. A partir das 18.30 horas celebrarase o certame de receitas con queixo e mel no que poderán participar todos os afeccionados á cociña aínda que teñen prazo para anotarse ata mañá.
As xornadas culminan o domingo no campo da festa de Goente co día grande e vendas, exposicións, obradoiros, etc.

Comezan as Xornadas Apícolas do Eume con diversos obradoiros para escolares

Te puede interesar