Fascinantes historias e personaxes cobrarán vida un ano máis en diferentes espazos singulares do barrio da Magdalena da man do III Festival de Artes Escénicas de Ferrol “Fóra do mapa”, impulsado desde a área de Cultura de Ferrol e coordinado por Cristina Moreira.
Compañías de prestixio da escena galega e estatal e innovadoras propostas encherán de contido un programa quen pretende, entre outros obxectivos, sacar o arte ás rúas na procura de novos públicos e apostando por lugares pouco probables e por inmobles descoñecidos ou inexplorados como escenarios para o teatro. A cafetería Tupinamba, a antiga Panadería francesa, o vello restaurante chino da rúa Dolores, ademais doutros habituais como o Torrente Ballester, o salón de actos de Afundación ou o propio Jofre, acollerán as numerosas e variadas representacións.
Variedade
O teatro miúdo –pezas de microteatro de entre 15 e 20 minutos para aforo reducido– en lugares senlleiros da cidade conviven no programa con obradoiros e co singular roteiro de turismo teatralizado que este ano terá lugar o domingo 30 da man do dramaturgo naronés José Prieto con o “Walking Ferrol”, ás 12.30 horas.
“Fóra do mapa é un festival que comezou como unha iniciativa para dar a Ferrol unha dose de entusiasmo aos seus habitantes por medio dunha programación de artes escénicas contemporáneas, resaltando ademais ou seu patrimonio artístico e arquitectónico, facendo da cidade o escenario ideal dunha revolución artística á altura da historia e da importancia de Ferrol”, comentou Cristina Moreira.
Basterrechea salientou, pola súa banda, que “Fóra do mapa” é un ciclo “moi mimado, cunha excelente acollida e resposta, e que pon a Ferrol no mapa das artes escénicas”. Toda a programación do festival está dispoñible na páxina web https://festivalforadomapa.com. l