A Unesco, interesada en abrir en Ferrol unha delegación oficial do Comité Internacional de Danza

A Unesco, interesada en abrir en Ferrol unha delegación oficial do Comité Internacional de Danza
Diario de Ferrol-2015-09-23-011-f5af120c_1

A presidenta do Consello Internacional de Danza (CID) en España e para os países iberoamericanos da Unesco, Alessandra Ruiz-Zúñiga, visitou onte Ferrol para tratar de ver a posibilidade de que a cidade conte cunha sede permanente da CID. Con este fin reuniuse onte co alcalde, Jorge Suárez, e o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea. Acompañada dos bailaríns e profesores ferroláns Suso e Cristina Pérez Lago, tamén membros do CID, Alesandra Ruiz-Zúñiga destacou que este ano o Concello de Ferrol apóiase por vez primeira a celebración do Día Internacional da Danza, celebrada na praza de Amboage, e salientou o importante que sería a unión das sete escolas da cidade para que aquí se instalase unha sección oficial da organización, un dos motivos da reunión co alcalde. A presidenta destacou: “En el mundo somos 70.000 miembros repartidos a lo largo de 150 países. El mundo de la danza de Ferrol se beneficiaría de los 18 programas que tenemos y estaría en contacto a nivel internacional”. 
Antes da entrevista, Alessandra Ruiz-Zúñiga visitou as principais instalacións culturais da cidade, o Teatro Jofre e o Auditorio de Caranza, polas que se amosou gratamente impresionada dada a calidade dos inmobles, acústica e a multiplicidade de recursos escénicos.

novo curso 
Tamén supervisou co aval da Unesco o curso que a partir do 1 de outubro organizan a escola de Danza de Suso Pérez Lago, xunto co centro Rembú- Kan que dirixe Cristina Pérez Lago, que continúa aberto para o resto de escolas de Ferrol e que supón 150 horas na especialidade de fusión. Neste sentido o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, destacou que “resulta moi interesante que se fagan este tipo de cursos na cidade, aínda que a titulación non sexa oficialmente reglada, xa que contan co aval da Unesco”.  
Na visita de onte Alessandra Ruiz-Zúñiga estivo acompañada do seu marido, o prestixioso compositor e director de orquestra Miguel Ángel Gómez Martínez que durante anos foi o director da Ópera de Viena. 
Antes de despedirse da cidade, a presidenta española do CID  lembrou que a danza era patrimonio inmaterial da humanidade e manifestou a súa seguridade de que regresaría a Ferrol.

A Unesco, interesada en abrir en Ferrol unha delegación oficial do Comité Internacional de Danza

Te puede interesar