Entre a historia e a festa, Moeche celebra con forza a XXXV edición do Festival Irmandiño

Con máis forza que nunca, o Festival Irmandiño de Moeche volveu amosar a intensidade da súa proposta que onte cumpría a súa XXXV edición diante de centos de visitantes e paisanos. Una veteranía que puxo en evidencia o pregoeiro da cita, o exdirector de Diario de Ferrol Germán Castro, equiparándoa co Festival de Pardiñas de Guitiriz. Na súa vibrante lectura o xornalista ferrolán cualificou o festival de “patrimonio galego” ao tempo que fixo un paralelismo “entre os señores feudais de hai seis séculos coa Troika, o FMI e o Banco Central que están a dinamitar o Estado do Benestar”, sen deixar de lado “a dignidade e forza histórica da xente de Ferrolterra”.

porta abertas
Moito antes, e trala xornada do venres, o festival da asociación cultural Irmandiños de Moeche tivo unha xornada de portas abertas no castelo, onde os asistentes puideron gozar de exposicións e diversas actividades. Pola tarde os nenos protagonizaron a I edición do Asalto Infantil, a unha hora máis prudente que o tradicional. No campo da festa celebráronse un ano máis a actuación musicais coa Banda de Gaitas do Padroado da Cultura  de Narón, Riobó, a gaiteira Susana Seivane a súa banda e A Requinta da Laxeira. Un menú interrompido polo pregón que pronunciou Germán Castro e polo asalto ao castelo de Moeche que, como no século XIV, veu a vitoria dos Irmandiños sobre os señores de Andrade. n

 

Entre a historia e a festa, Moeche celebra con forza a XXXV edición do Festival Irmandiño

Te puede interesar