Os pregoeiros das festas presumen da diversidade da “casa teimuda”

Os pregoeiros das festas presumen da diversidade da “casa teimuda”

A gran familia que constitúe o colectivo Teima Down Ferrol foi onte a protagonista do arranque das festas de verán da cidade naval. Arredor dunha vintena de membros da asociación, elixida polo Concello –a proposta da área de Servicios Sociais– como os pregoeiros deste ano, subiron pola noite ao escenario da Praza de España para convidar a toda a cidadanía a gozar das actividades deseñadas polo goberno municipal ata o vindeiro día 31.
Aproveitaron así a ocasión para amosar e presumir da diversidade que hai “na casa teimuda”, unha actitude da que fan a súa bandeira e que nestes vintecatro anos de vida deulles folgos para traballar e loitar día a día polos seus membros. 
Na actualidade, son 62 as persoas con síndrome de down e discapacidade intelectual que, xunto ás súas familias, forman parte dun colectivo cun obxectivo claro: ofrecer todo o apoio que precisan para convivir nos diferentes entornos e para que todos poidan levar unha vida o máis normal posible.
Satisfacción
Así o salientaban onte desde a propia asociación unhas horas antes do pregón. “Estamos encantados por haber sido los elegidos para abrir las fiestas de Ferrol; es un reconocimiento a nuestro trabajo y sin duda un espaldarazo importante para que la gente e instituciones sigan confiando en nuestro trabajo”, comentaron desde a entidade.
“Queremos hacer de nuestra ‘teima’ que sea también una ‘teima ferrolana”, apostando así por la idea de no tirar la toalla y luchar para conseguir los objetivos marcados”, engadiron.
Antes do pregón –que contou con intérprete en lingua de signos–, os pregoeiros foron recibidos no Concello de Ferrol.
Xa na praza de España, catro membros de Teima –Patricia (a presidenta), Manolo, Lucía e Susana– foron os encargados de tomar a palabra sobre un escenario no que a continuación tomou o relevo a artista canaria Rosana para ofrecer o primeiro dos concertos das festas.
A cantautora incluíu así á cidade naval na xira do seu último traballo “En la memoria de la piel”, do que sonaron os temas xunto a outros dos máis populares da artista. Hoxe, quenda para o concerto da banda “The Waterboys”, de novo ás 22.30 hora na Praza de España. Tamén de balde. l

Os pregoeiros das festas presumen da diversidade da “casa teimuda”

Te puede interesar