A explosión creativa e chea de cor de Borja López Muíños, a exame no novo Ateneo

A explosión creativa e chea de cor de Borja López Muíños,  a exame no novo Ateneo
imaxe da inauguración da mostra do artista ferrolán jorge meis

Borja López Muíños expón desde onte e durante as vindeiras semanas no Ateneo Ferrolán (no edificio da rúa Magdalena, rebautizado como Centro Cultural Concepción Arenal). É a primera mostra dunha nova etapa para esta institución cultural xa que, despois de máis de dous anos, poden volver a utilizar as súas instalacións, xa rehabilitadas. Comezan así unha programación artística estable, que terá continuidade co fotógrafo Eduardo Pereira.

A entidade ferrolá inaugura con esta exposición unha nova etapa

López Muíños gáñase a vida traballando no estaleiro. A arte é para el unha forma de expresión á que lle dá saída a través de debuxos nos que hai quen ve influencias do cómic ou do cartelismo galego de hai décadas. El evita poñerlle etiquetas a un traballo que encauza a través da busca persoal, da experimentación e tamén con horas de dedicación.

Borja López Muíños, que exporá no Torrente Ballester o 15 de marzo, emprega diversos materiais para dar forma a uns debuxos nos que se perciben preocupacións sociais, “aínda que tamén hai pinturas dalgunha viaxe”, explica. “Non é unha temática fixa. Eu son autodidacta, os meus debuxos xorden da experimentación, da documentación e de moito traballo”.

Nesta mostra pódense ver obras de toda a súa traxectoria artística (a súa primeira exposición individual foi en 2007, na cafetería Zucre), nas que se aprecia a querencia dos últimos tempos polo uso de cores fortes.

 

actividade

As propostas culturais do Ateneo seguirán a vindeira semana cos Martes de Cine, cunha proxección aínda por determinar. Este mes haberá tamén unha tertulia sobre arquivos históricos.

 

A explosión creativa e chea de cor de Borja López Muíños, a exame no novo Ateneo

Te puede interesar