Santa María de Bardaos prepara a popular procesión adicada a San Pipote

Santa María de Bardaos prepara a popular procesión adicada a San Pipote
imaxe da peculiar celebración

Mañá xoves comezan na parroquia de Santa María de Bardaos as súas festas que teñen a figura de San Pipote como referente lúdico. Trala misa solemne das 13.30 horas as actividades comezan ás 23.00 horas no local social coa actuación dos grupos Punta Norte e No Cómbaro. Ofrecerase aos asistentes o vídeo co pregón das festas.
O venres haberá novamente unha misa ás 13.30 horas e posteriormente unha sesión vermú coa actuación da orquestra Xente Nova. Ás 18.00 horas celebrarase o popular partido de fútbol entre solteiros e casados contra solteiras e casadas. Xa pola noite a verbena estará amenizada polas orquestras Xente Nova e Philadelphia.
O día grande das celebraciones en Bardaos será o sábado. Haberá unha sesión vermú con Panamá e ás 18.00 horas celebraranse as “Olimpiadas parroquiais”. Pola noite actuarán Panamá e Aché e á unha da madrugada levarase a cabo a concorrida procesión de San Pipote, un evento que convoca a miles de seguidores.
As persoas interesadas dispoñen dunha zona de acampada para vivir con intensidade as festas e a organización habilitou un Facebook onde dispoñen de máis información. 

Santa María de Bardaos prepara a popular procesión adicada a San Pipote

Te puede interesar