Cultura destina 60.000 euros a apoiar 28 proxectos das asociacións

Cultura destina 60.000 euros a apoiar 28 proxectos das asociacións
Torrente Ballester Primera asamblea sectorial de cultura artes escénicas

Un total de 28 entidades culturais beneficiaranse das subvencións que a concellería destinou este ano a distintos proxectos que van desde os concertos didácticos ata as gravacións audiovisuais, pasando polas demais artes. Así o explicou onte o concelleiro Suso Basterrechea, que indicou que esta partida orzamentaria xa estaba consignada pola anterior corporación e que supón un incremento de fondos respecto de 2014 (desde os 45.000 de entón ata os 60.000 euros actuais) aínda que, por contra, diminúen as asociacións que as solicitaron (desde as 40 do ano pasado ata as 28). Como consecuencia, tódolos receptores destas axudas municipais ven como se incrementa a cantidade que recibirán.
De tódolos xeitos a Basterrechea preocúpalle o descenso nas peticións, un problema que “queremos resolver de cara a futuras convocatorias” e que ten que ver, explica, coa excesiva burocracia e coas “trabas legais” que obrigan a un esforzo económico ás entidades que non sempre poden asumir. Teñen que pagar o 20% do custe total e incluso adiantar esa cantidade, o que lles imposibilita o acceso. “Temos o compromiso de darlle unha volta este ano, de mellorar o sistema, porque a súa complexidade actual ten que ver coa caída da participación”, comentou o edil á saída da comisión de Cultura na que se deu conta da resolución deste procedemento de subvencións.
A revisión deste sistema farase, porén, dentro dun proceso que non afectará só a este departamento senón tamén ás demais áreas e que estará vencellado ó regulamento de participación cidadá.

Cultura destina 60.000 euros a apoiar 28 proxectos das asociacións

Te puede interesar