Hora de expansións (XXXV)

Hora de expansións (XXXV)
Imeldo Corral, visto por Cebreiro nunha caricatura de 1919

Malia todos os atrancos, superada a proba da I Asemblea, o crecemento das Irmandades era evidente, particularmente o da Coruña.

Despois da súa fundación na sede da Academia Galega, a Irmandade coruñesa seguiu utilizándoa como domicilio social ata que, no mes de xaneiro de 1918, puido trasladarse ao paseo de Méndez Núñez, popularmente coñecido como o “Relleno”. A preceptiva notificación ao Goberno Civil efectuárona en escrito, asinado polo secretario Francisco Abelaira e o presidente A. Villar Ponte, presentado o 28 de xaneiro:

“Tengo el honor de participar a V.E. qe esta Sociedad ha trasladado su domicilio social al pabellon Sur del Kiosko del Paseo Méndez Núñez, conocido por Salón Cinema Coruña.
Lo qe manifiesto a V.E. para su conocimiento = Dios gue a V.E. ms as .
La Coruña 26 Enero 1918”.
O Salón Cinema era unha construción modernista, de 3 kioskos, obra do arquitecto municipal Pedro Mariño, que viña funcionando como cinematógrafo desde 1913. En 1920, houbo que desmontalo para edificar o Hotel Atlantic e levárono para Carballo.

Mais antes diso, a ampliación de perspectivas -a do ‘Conservatorio Nazonal do Arte Galego, entre elas- e de recursos aconselláballes aos irmandiños procurar un local máis espazoso. E achárono no número 17 da Praza de María Pita, que daba tamén á Mariña, feito do que informaba A Nosa Terra, de 25 de xullo de 1919, no solto “A Irmandade da Cruña”:
“A ‘Irmandade da Fala’, da Cruña trocou o seu domicilio. Ao que tiña no Paseio do Relleno faltábanlle as condiciós percisas para os fis d’aquela asociación. Agora ven estabrecéndose n’un espréndido local da Praza de Maria Pita que olla tamén a Mariña.

O novo local terá d’inaugurarse solenemente moi axiña. Aló poden acodire xa os irmáns cando desexen. Porque a ‘Irmandade’, da Cruña ten mentes de traballar pol-a porpaganda do galeguismo con mais azo e aitividade que nunca. A sua vida e a sua importanza son cada vez meirandes”.


A Nosa Terra, de 5 de setembro, recollía un solto, “Inaugurazón do novo local da Irmandade / Exposición Imeldo Corral”, no que comunicaba que entre o quince e o vinte dese mes se ía inaugurar no local do novo local da Irmandade con esa exposición. Mais, finalmente, esas inauguracións non terían lugar ata o domingo 28.


El Ideal Gallego, dese domingo 28, no solto “Exposición Imeldo Corral” informaba de que “A las ocho de la noche de ayer se procedió al ‘barnizado’. Asistieron muchas personas que felicitaron al notable artista”. E, despois de facer saber que a exposición constaba de 63 cadros e 75 apuntes, concluía “Esta noche a las 8 será la inauguración” que estará aberta ata fins de outubro. Chama a atención que en ningún momento indique quen organizaba o evento, nin o enderezo do local nin a que institución pertencía este.
Si daba estas indicacións El Orzán, de martes 30. no solto “Exposición Imeldo Corral”. Indicaba que o domingo pola noite quedara inaugurada a exposición de pinturas do gran paisaxista e que podería ser visitada no local da Irmandade da Fala en horario de 11 a 13 e de 15 a 23 horas. Tamén fai constar que ao relevo da exposición contribuían diversas esculturas de tres artistas xa coñecidos do público coruñés: Asorey, López Mirás e Díaz Baliño.
Este mesmo diario, no número do sábado 11 de octubre, anunciaba que ese día, ás 8 da tarde, tería lugar unha conferencia, a primeira da serie que había de darse na notable exposición de Imeldo Corral, a cargo do “joven y elocuente orador D. Luis Peña Novo”.
Indicaba que ía tratar de cuestións relacionadas coa arte en xeral e coa pintura de Imeldo Corral, especialmente e tamén dicía que á citada conferencia a seguirían outras de Viqueira, Quintanilla e Castelao.

A conferencia de Castelao, que había pouco padecera os abusos do cacique Viturro, ordenando o derribo do hórreo da casa familiar de Rianxo, a quen respondera coa coñecida carta que comeza “Meu vello coñecido: Escríbolle na lingua en que vostede e mais eu falamos a cotío, anque eu fáloa por galeguismo e vostede por ruralismo”, quedara definitivamente fixada para o sábado 25 de outubro co título “Arte e galeguismo”. O día anterior, El Orzán no solto “Exposición Imeldo Corral / Conferencia de Castelao” anunciábaa, ademais de dar conta de que o día anterior visitaran a exposición significados representantes do Centro Galego da Habana e que todos fixeran grandes eloxios do fecundo labor pictórico de Imeldo Corral e de que o público coruñés seguía frecuentando a tan brillante exposición todos os días. No seu número do domingo 26, este diario, no solto “Una hora interesante / Oyendo a Castelao”, manifestaba: “Ayer habló Castelao en la Irmandade da Fala, a un público numeroso, en una luminosa conferencia de definición y orientación del arte gallego. Es incontenible en una reseña el raudal de doctrina con que Castelao deleitó al público, con aquella seguridad de quien más que por la cultura se encuentra con la verdad por intuición. Dijo que el arte gallego será un hecho glorioso el día que los artistas, apartándose del falso ambiente de las ciudades, en donde el espíritu gallego ha sido desfigurado horriblemente, se refugie y se empape en el idealismo aldeano, lozano, original y creador; cuando dando a la técnica un valor secundario se atienda a todas las cosas a dar una afirmación de elevada y castiza espiritualidad; cuando más que a recoger el asunto gallego se procure galleguizar el estilo. En su disertación, que merece como pocas quedar impresa para repaso de sus seguras orientaciones, resplandeció la altura de los personalísimos y originales conceptos de Castelao, salpicados de un humorismo que tiene en su palabra la misma incisiva causticidad que en la punta afilada y sutil de sus lápices maravillosos.


Resonaron aplausos atronadores cuando acabó de hablar y de leer, en gallego, el delicioso caricaturista”. Finalizaba indicando que esa noite ía ser obsequiado cunha cea, da que dará conta no número do martes 28.

“En honor de Castelao”: “El domingo a las diez de la noche se reunió en el Hotel de Londres un numeroso grupo de amigos para cenar en compañía del gran caricaturista Alfonso R. Castelao, celebrando el éxito de la admirable conferencia que había pronunciado la víspera en la exposición de cuadros de Imeldo Corral.

Fue un acto de cordial simpatía en que medio centenar de coruñeses, son distinción de colores, quisieron festejar a un hombre de mucho talento que hace obra artística de positiva importancia que a todos nos engrandece.

Para que nada faltase de simpático a la fiesta, no hubo ni conato de brindis, limitándose a decir el señor Peña Novo que, en nombre de todos, brindaba por Castelao y su arte y el agasajado a dar las gracias sin añadir ni una sola palabra”.

Pola súa parte, El Ideal Gallego do domingo 25 publicaba unha breve información, “En la ‘Irmandade d’a Fala’ / Conferencia de Castelao”, na que facía saber que “Ante una numerosa concurrencia para la cual era insuficiente el local de la entusiasta sociedad regionalista, dió anoche su anunciada conferencia, el genial caricaturista gallego Alfonso R. Castelao. Demostró una vez más que si como dibujante es ático e inspiradísimo como conferenciante tuvo al auditorio embelesado con la amena y agradable disertación sobre el arte pictórico y el juicio que le merecían los cuadros que figuran en la Exposición del paisajista Imeldo Corral. Entre el público había muchas y distinguidas señoras y señoritas”.


Nin que dicir ten que co éxito desas actividades celebradas no novo local da Praza de María Pita a presenza da Irmandade na vida cidadá medrou en todos os aspectos.

Hora de expansións (XXXV)

Te puede interesar