O Barqueiro comeza hoxe as actividades dunha nova edición da Festa do Marisco

O marisco será hoxe e mañá o protagonista na localidade de O Barqueiro, en Mañón, coa celebración da XXIX Festa do Marisco. O programa comezará ás 19.00 horas cunha misa na carpa na honra dos pescadores e mariscadores falecidos e que será cantada polo grupo Escolma de Meus que ofrecerá un concerto a continuación. A festa continuará pola noite pola Charanga NBA.
O programa do sábado comezará ás 12.00 horas co pasarrúas da Banda de Música de Outes. As 13.00 horas será a quenda para a lectura do pregón, que desta volta correrá a cargo do humorista, actor e presentardor galego Xosé A. Touriñán.
A continuación procederase á apertura da carpa, onde será servido o xantar composto por marisco variado a un prezo de 15 euros por ración e con obsequio de prato e vaso de cerámica.
Non faltará tampouco a música nesta xornada, xa que se contará coa participación da Charanga NBA. A noite, de amenizar a verbena encargarase o grupo La Jira, que poñerá así fin a dous días de actividades arredor do produto marisqueiro.
A cita está organizada polo Concello de Mañón coa colaboración da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia. l

O Barqueiro comeza hoxe as actividades dunha nova edición da Festa do Marisco

Te puede interesar