O Centro Dramático Galego pecha hoxe en Ferrol a xira do espectáculo teatral “Tartufo”

O Centro Dramático Galego pecha hoxe en Ferrol a xira do espectáculo teatral “Tartufo”

A xira do Centro Dramático Galego (CDG) coa producción “Tartufo” chega hoxe á súa fin coa función que terá lugar ás oito e media da tarde no Teatro Jofre. Concluirá así o percorrido deste espectáculo, asinado para a compañía da Xunta de Galicia polo galardoado director valenciano Carles Alfaro, tras ter ofrecido un total de 31 representación en dez localidades.
Para a posta en escena desta versión da famosa comedia de Molière, Alfaro contou cun equipo artístico e técnico galego, incluído un elenco de 10 actores e actrices para reflexionar, desde a comedia, sobre os perigos da impostura e do artificio.
Tanto no orixinal como nesta adaptación, “Tartufo” pon o foco sobre aquelas persoas que posúen a capacidade de detectar as debilidades e vulnerabilidades dos demais para empregalas no seu beneficio, pero tamén sobre aquelas que se deixan manipular de xeito máis ou menos consciente.
A venda de entradas (10 euros cada unha) para esta obra que se estreou o pasado 23 de setembro en Santiago e que recorreu cidades como A Coruña, Tui ou Rianxo, pode realizarse aínda a través da web do Concello (www.ferrol.es/jofre_es) ou achegándose ao despacho de billetes do teatro ferrolán.

O Centro Dramático Galego pecha hoxe en Ferrol a xira do espectáculo teatral “Tartufo”

Te puede interesar