O castelo de Moeche abre as súas portas para gozar dunha música de “calidade e sen etiquetas”

Moeche castelo castillo teatro
|

Co propósito de dinamizar a actividade cultural e turística do municipio e ao mesmo tempo revitalizar un espazo con enorme potencial como é o seu castelo, o Concello de Moeche ten organizado para este mes de decembro   o programa “Castelo de Sons”. A fortificación abrirá así as súas portas para deleitar ao público con música de “calidade e sen etiquetas”. Faráo en dúas sesións diferentes, con entrada de balde en ambos casos.
A primeira terá lugar este mesmo sábado, a partir das sete da tarde, e correrá a cargo do dúo 2uS. Con este proxecto, Fernando Abreu (clarinete) e Pablo Carrera (guitarra), músicos de recoñecido prestixio e compoñentes de grupos como Banda Crebinsky ou Cuarteto Caramuxo, “dan renda solta aos seus coñecementos e exploran a través da experimentación sonora e da improvisación un amplo abano de musicalidades”. A cita está prevista para as sete da tarde.
O programa continuará o sábado día 19, neste caso da man de Sanjurjo & Dopico. Martín Sanjurjo (Saraibas, Balakandra) e Manolo Dopico (A Roda, Leixaprén, Balakandra) unen forzas nun novo proxecto no que “revisitan cancións da súas bandas e versionan clásicos de artistas como Jofre Cafrune, Noriel Vilela ou The Beatles.
A través do programa, producido por Cunde, o Concello de Moeche quere atraer ao municipio a xentes de toda a comarca e converter e “converter as instalacións do castelo e os seus arredores nunha inmellorable oferta lúdica para pasar en faamilia ou con amigos unha tarde diferente rodeados de historia e cultura”.

O castelo de Moeche abre as súas portas para gozar dunha música de “calidade e sen etiquetas”